Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 34935

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (481/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 481/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Manuel Siaba Espasandín contra a empresa María del Rosario Louro Ansede e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución.

1º. Que, estimandao a demanda formulada por Fernando Manuel Siaba Espasandín contra a empresa María Rosario Louro Ansede, condeno esta a aboarlle a cantidade de 10.095,45 euros, que lle debe.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 LRXS, inciso primeiro.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa María del Rosario Louro Ansede, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2014

A secretaria xudicial