Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 14 de agosto de 2014 Páx. 35421

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para o acceso ás prazas de residencia e de comedor nos centros residenciais da Consellería do Medio Rural e do Mar, e se convoca a oferta de prazas para o curso académico 2014/15.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 137, do 21 de xullo de 2014, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 31807, punto 1 do artigo 11, onde di: «1. Corresponderá á Comisión de Aaloración ...», debe dicir: «1. Corresponderá á Comisión de Valoración ...».

Na páxina 31812, punto 1 do artigo 19, onde di: «1. A solicitude deberá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es/portada (PE606B)», debe dicir: «1. A solicitude deberá presentarse en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es/portada (PE606A)».