Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Luns, 18 de agosto de 2014 Páx. 35607

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014 pola que se modifica a Resolución do 14 de marzo de 2014 pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

A Resolución do 14 de marzo de 2014 pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (DOG nº 58, do 25 de marzo de 2014), establece no seu artigo sexto c) que «O prazo de presentación de solicitudes de axuda a través das entidades colaboradoras remata o 30 de agosto de 2014».

A data de hoxe, a pesar do elevado número de solicitudes aprobadas, é previsible que a 30 de agosto exista crédito suficiente para atender máis solicitudes.

Co obxecto de beneficiar o maior número posible de solicitantes e incrementar e garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite nas áreas rurais, e unha vez tramitado o oportuno expediente,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución da Agader do 14 de marzo de 2014 pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

O artigo sexto, letra c), da Resolución da Agader do 14 de marzo de 2014 pola que se convocan subvencións para o ano 2014, en concorrencia non competitiva, para garantir o acceso á internet de banda larga vía satélite queda redactado nos seguintes termos:

«O prazo de presentación de solicitudes de axuda a través das entidades colaboradoras remata o 30 de setembro de 2014».

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

missing image file