Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014042AL-LU por infracción en materia sanitaria.

Con data do 7 de xullo de 2014, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2014042AL-LU, incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Carnicería O Labrego, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Carnicería O Labrego, S.L. o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) As notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia Banco); en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias desta dirección xeral. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2014042AL-LU.

Denunciada: Carnicería O Labrego, S.L.

DNI/CIF: B27269455.

Último enderezo coñecido: San Cristovo de Chamoso, 29, 27163 O Corgo (Lugo).

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Precepto infrinxido:

– Artigo 51.1.h) da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Tipificación: grave, segundo o artigo 51, punto 2, parágrafo 15, da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición.

Sanción imposta: cinco mil un euros (5.001,00 €).