Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35822

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas tres resolucións do 10 e do 11 de xuño de 2014, desestimatorias de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 14, do 20 de xaneiro de 2012), relativa aos expedientes TR341D 2012/721-2, TR341D 2012/1298-2 e TR341D 2012/1299-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra esta cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 22 de xullo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2012/721-2.

Nome: Ana Sajia Montero Montero.

DNI/NIF: X7357980G.

Último enderezo coñecido: avenida de Navia Castrillón, 5, baixo, 27850 Viveiro, Lugo.

Contido da resolución: ditada o 11 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, desestimatoria de axuda ou subvención solicitada, polo esgotamento da partida orzamentaria publicado o 19 de maio de 2014, na que se fai público o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas á Consellería de Traballo e Benestar.

Nº de expediente: TR341D 2012/1298-2.

Nome: Moisés Ares Bautista.

DNI/NIF: 04215212-W.

Último enderezo coñecido: r/ Concello de Ribadeo, 11, 4º C, 27780 Ribadeo, Lugo.

Contido da resolución: ditada o 10 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, desestimatoria de axuda ou subvención solicitada, polo esgotamento da partida orzamentaria publicado o 19 de maio de 2014, na que se fai público o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas á Consellería de Traballo e Benestar.

Nº de expediente: TR341D 2012/1299-2.

Nome: Moisés Ares Bautista.

DNI/NIF: 04215212-W.

Último enderezo coñecido: r/ Concello de Ribadeo, 11, 4º C, 27780 Ribadeo, Lugo.

Contido da resolución: ditada o 10 de xuño de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo, desestimatoria de axuda ou subvención solicitada, polo esgotamento da partida orzamentaria publicado o 19 de maio de 2014, na que se fai público o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas á Consellería de Traballo e Benestar.