Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35838

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se declara deserta a licitación do expediente AB-EIP1-14-006 da explotación de tres caixeiros automáticos situados nos hospitais Provincial, Montecelo e O Salnés, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, por non se ter presentado ofertas admisibles.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-14-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: ocupación dun ben de dominio público.

b) Descrición: a explotación de tres caixeiros automáticos situados nos hospitais Provincial, Montecelo e O Salnés, centros dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 66110000-4; 30123200-9.

e) Medio de publicación do anuncio da licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 19.6.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Canon mínimo anual: 3.000,00 € (1.000,00 € por caixeiro).

5. Formalización do contrato.

a) Data da resolución da declaración: 16 de xullo de 2014.

b) Contratista: deserto.

Pontevedra, 16 de xullo de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés