Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014064TA-LU por infraccións en materia sanitaria.

O 8 de xullo de 2014, a xefa territorial de Lugo ditou resolución do expediente sancionador 2014064TA-LU, incoado na Xefatura Territorial de Lugo a Latino Gallega de Hostelería, S.L., titular do establecemento Pub Latino.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Latino Gallega de Hostelería, S.L., titular do establecemento Pub Latino, o contido da citada resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo, 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca (NCG Banco, S.A.-Novacaixagalicia); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 30 de xullo de 2014

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº expediente: 2014064TA-LU.

Interesada: Latino Gallega de Hostelería, S.L., titular do establecemento Pub Latino.

CIF: B27219781.

Último enderezo coñecido: rúa Mondoñedo, 2, 27800 Vilalba (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: disposición adicional terceira e artigo 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, modificada pola Lei 42/2010, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, subministración, consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 €).