Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35921

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (833/2013).

María Adelaida Egubirde Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza nº 409/14

Na Coruña o vinte e dous de xullo de dous mil catorce.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 833/13 seguidos a instancia de Hajjar Essaid, representado polo letrado Antonio Pousa Meréns, contra Aislamientos Culleredo, S.L. e o Fogasa, que non comparecen, e o administrador concursal Roberto Adán Arribi López, que si o fai, sobre reclamación de cantidade.

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Aislamientos Culleredo, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao traballador a cantidade de 4.813,9 euros polos conceptos reclamados en demanda, debendo responder desta cantidade, na súa condición de administrador concursal, Roberto Adán Arribi López.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Aislamientos Culleredo, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 30 de xullo de 2014

A secretaria xudicial