Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de nomeamento, polo sistema de libre designación, da xefa do Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

O día 12 de agosto de 2014 o concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos, no uso das atribucións conferidas polo Decreto da Alcaldía do 30 de abril de 2013, adoptou unha resolución por medio da cal se acorda nomear, polo procedemento de libre designación, a María Iria Buján Vázquez para o desempeño do posto de xefa do Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

As retribucións deste posto serán as establecidas no cadro orzamentario vixente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 12 de agosto de 2014

José Manuel Rey Varela
Alcalde