Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de residuos LU-RES 2013/242 e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador.

A comparecencia debera efectuarse no prazo de dez días que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do plazo fixado.

Lugo, 23 de xullo de 2014

Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-RES 2013/242.

Denunciados: Constantin Ciprian Musat e Constantin Adrian Cirlan.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/034.

Denunciados: Iluta Nicolai Marcu e Ecaterina Marcu.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/039.

Denunciados: Marga Marina Porumbaru e Relu Matei.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/052.

Denunciado: Relu Matei.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/055.

Denunciado: Jesús Salazar Jiménez.

Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/057.

Denunciada: Florina Matei.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/062.

Denunciada: Rovilugo, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/075.

Denunciado: José Larralde Larralde.

Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.

Expediente: LU-RES 2014/102.

Denunciada: Marian Cretu.

Acto notificado: acordo de inicio de procedemento sancionador.