Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Venres, 22 de agosto de 2014 Páx. 36299

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de nomeamento, polo sistema de libre designación, da xefa do Servizo de Medio Ambiente, Zona Rural, Servizos e Obras.

O día 17.7.2014 o concelleiro de Economía, Facenda e Recursos Humanos, no uso das atribucións conferidas por decreto da Alcaldía do 30.4.2013, adoptou unha resolución, por medio da cal se acorda nomear, polo procedemento de libre designación, a Beatriz Bouza Pico para o desempeño do posto de xefa do Servizo de Medio Ambiente, Zona Rural, Servizos e Obras.

As retribucións deste posto serán as establecidas no cadro orzamentario vixente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 24 de xullo de 2014

Guillermo Ramón Evia Pérez
Alcalde accidental