Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Luns, 25 de agosto de 2014 Páx. 36320

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora.

Convocada por Resolución do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 28 de febreiro), a provisión da praza de xefe/a do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora, pertencente á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado pola Resolución do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 41, do 28 de febreiro).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 28 de xullo de 2014

P.A. (Artigo 4 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
Ramón Ares Rico
Director de Procesos Asistenciais

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: Javier Luis Valero Gasalla.

DNI: 32439383E.