Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 13 de agosto de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada na reclamación previa á vía xudicial social interposta por Juan Manuel López Méndez.

Con data do 23 de xullo de 2014, a Dirección Xeral da Función Pública ditou resolución que atinxe á reclamación previa á vía xudicial social formulada por Juan Manuel López Méndez contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de xuño de 2014, pola que se declara extinguida a súa relación laboral con esta administración.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Juan Manuel López Méndez a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, cabe formular demanda ante o xulgado do social competente, nos termos e no prazo fixados nos artigos 10 e 69 e seguintes da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social (BOE núm. 245, do 11 de outubro), a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública