Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico e Técnico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito na avenida Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 8ª planta (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 7 de agosto de 2014

César Augusto Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: cesamento de dirección.

Interesado: Fidel Taladrid García.

Acto de notificación: resolución.