Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (53/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 53/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega Accidentes de Trabajo contra a empresa Artes Gráficas Venus, S.A., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse auto de rectificación de sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Parte dispositiva:

Acórdase a rectificación de erro material manifesto padecido pola sentenza ditada en autos o 6.6.2014, de tal forma que:

1. No feito probado terceiro engádese: “o traballador da empresa demandada, Miguel Ángel García Pardo, sufriu un accidente de traballo o día 21 de setembro de 2009, polo que permaneceu en situación de IT desde o día 22 ata o día 25 de setembro de 2009. A mutua demandante asumiu os seguintes gastos: 84,72 euros por prestacións de IT en pagamento delegado e 236,05 euros por gastos de asistencia sanitaria”.

2. As referencias a “Artes Gráficas Venus, S.A.”, deben entenderse feitas a “Venus Artes Gráficas, S.A.”.

Notifíquese en legal forma ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación en legal forma a Venus Artes Gráficas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2014

A secretaria xudicial