Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36473

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios de carreira.

Por resolucións da Alcaldía de data 22 de xullo de 2014, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de:

María Dolores Rodríguez Gómez, DNI: 11418863F, como traballadora social; grupo: A2; clasificación: Administración especial; subescala: técnica; nivel: 23.

José Manuel Fernández López, DNI: 76618053Q, como administrativo; grupo: C1; clasificación: Administración xeral; subescala: administrativo; nivel: 23.

María Belén Vázquez Cagide, DNI: 33310733V, como auxiliar administrativa; grupo: C2; clasificación: Administración xeral; subescala: auxiliar; nivel: 18.

Alejandra Fontao Leiro, DNI: 76621140K, como encargada de animación sociocultural; grupo: C2; clasificación: Administración especial; subescala: auxiliar; nivel: 18.

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpor alternativamente o recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación deste anuncio, ante a Alcaldía deste concello, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Taboada, 31 de xullo de 2014

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde