Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental sobre o proxecto dunha instalación de valorización de metais e compostos metálicos no lugar da Ermida, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense), promovido por Econser, S.L. (clave 2014/0040).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de xullo de 2014 relativo ao proxecto dunha instalación de valorización de metais e compostos metálicos no lugar da Ermida, no Concello de San Cristovo de Cea (Ourense), promovido por Econser, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental