Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36542

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de información pública sobre a solicitude de licenza de obras de acondicionamento e apertura de local destinado a restaurante (expediente 30640/09).

Solicitante: Home & House Business Corporate, S.L.

Subrogación: Home & House Restauración, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese ao correspondente trámite de información pública o expediente 30640/09, tramitado por instancia de Home & House Restauración, S.L., de licenzas municipais de obras de acondicionamento e apertura de local con destino a restaurante no inmoble sito na rúa Naranjo, 10, Pontevedra, de modo que durante un prazo de vinte días poderán presentarse alegacións en relación coa solicitude formulada e consultar o expediente no Servizo de Urbanismo do Concello de Pontevedra.

Pontevedra, 2 de outubro de 2012

Antonio Louro Goyanes
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo