Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de agosto de 2014 polo que se fai público o acordo de incoación e o prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais seguido contra Herdanza, S.L. (concello de Mesía), coa clave DH.D15.46055.

Con data do 11 de xullo de 2014 foi dictado acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Herdanza, S.L. pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85 e) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícase o acordo de incoación e prego de cargos ao interesado, e faiselle saber que unha copia deles está ao seu dispor nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao día desta publicación, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia