Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36584

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación existente destinada á ceba de porcos, no lugar de Codeseda, parroquia de Augas Santas, concello de Palas de Rei (Lugo), cuxo titular é Juan Manuel Zas López (expediente 2014-IPPC-I-25).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico e estudo de impacto ambiental de ampliación de explotación porcina de ceba en Codeseda. Juan Manuel Zas López. Codeseda, Palas de Rei (Lugo).

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. Os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-25.

Peticionario: Juan Manuel Zas López.

Domicilio social: O Outeiro, Ferreira de Negral, Palas de Rei (Lugo).

Localización da instalación: lugar de Codeseda, parroquia de Augas Santas, Palas de Rei (Lugo). Un punto de localización das instalacións é o definido polas coordenadas UTM (ETRS89): X: 593.687, Y: 4.753.986.

Actividade: ampliación de explotación porcina de ceba.

Descrición do proceso: o proxecto previsto consiste na ampliación dunha explotación existente con capacidade para 1.577 porcos de ceba e 1.043 porcos de desteta, coa construción de catro naves de 909,5 m2 cada unha e capacidade para 4.209 porcos de ceba; as obras dividiranse en dúas fases, nunha primeira acadarase un censo máximo de 1.043 porcos de desteta e 3.681 porcos de ceba, e na segunda 1.043 porcos de desteta e 5.785 porcos de ceba. Os leitóns iniciarán o ciclo con 6 kg de peso vivo e permanecerán na nave de desteta entre un mes e un mes e medio, ata acadar un peso próximo aos 20 kg, momento en que pasan ao cebadeiro, onde permanecerán uns 4 meses ata acadar un peso próximo aos 100 kg.

Verteduras: na explotación non se xerarán verteduras ao ambiente, as augas procedentes da limpeza das naves xunto cos xurros serán almacenados en foxas e posteriormente valorizados como fertilizante agrícola, e as augas pluviais non serán recollidas, polo que se verterán directamente ao terreo.