Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Mugardos (expediente IN407A 2014/096-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/096-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC, RBT Boado II.

Situación: concello de Mugardos.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Boado II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,706 km, coa orixe en cela de liña proxectada para instalar no CT O Seixo (expediente 207/2012), condutor tipo RHZ1 2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al) e final no CT Boado II (proxectado).

– Tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Bello Piñeiro, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, coa orixe en cela de liña proxectada para instalar no CT O Seixo (expediente 207/2012), condutor tipo RHZ1 2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS, VDC-706, no tramo entre o CT O Seixo (expediente 207/2012) e o CT Bello Piñeiro (expediente 433/2007).

– Centro de transformación prefabricado Boado II, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Reforma de centro de transformación non prefabricado O Seixo (expediente 207/2012).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 29 de xullo de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/096.

Proxecto: LMTS, CTC, RBT Boado II.

Concello: Mugardos.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio

Lugar

Nome do propietario

Pleno dominio

Superficie afectada

Cultivo

Nº 1

Boado

Hros. de Isabel Prat Alvariño

Manuel Espada Rodríguez

Apoio

Centro de transformación e acceso

32,81 m2

Pasteiro