Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 1 de setembro de 2014 Páx. 36908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014240TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 16 de xullo de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014240TA-CO, incoado a Macarena Jiménez Jiménez.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Macarena Jiménez Jiménez o contido de dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do antedito Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 6 de agosto de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2014240TA-CO.

Interesada: Macarena Jiménez Jiménez.

DNI/NIF/CIF: 32789326C.

Último enderezo coñecido: Orillamar, 35, 15001 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 7.u) e artigo 19.1 e 2.a).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 30 €.