Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 2 de setembro de 2014 Páx. 36938

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2014 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela.

Como complemento ao programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), aprobado polo Consello Reitor para o ano 2014, e de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, convócanse por vez primeira as actividades de formación correspondentes o ano 2014 para o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela, cuxas bases se detallan nos anexos desta resolución,

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo III, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I e II.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2014

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúna os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que no inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en tres modalidades: presencial, teleformación e autoformación. Estas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.es.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, en que se deberá observar o que dispoña o anexo II.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar limítase a cinco.

4. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

– O número de fax 981 54 63 39.

5. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

7. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

8. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

9. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, do número de fax 981 54 63 39 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2014, segundo a Resolución do 10 de febreiro (DOG do 27 de febreiro), comezarase pola letra B.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de tres días hábiles desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa, agás para as probas de avaliación das actividades do programa de autoformación, cuxo prazo será de cinco días hábiles contados desde o día da publicación da listaxe definitiva das persoas seleccionadas.

Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), calquera das seguintes vías:

– O enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.es>

– O número de fax 981 54 63 39.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. Asistencia e puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

– Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. Na modalidade de teleformación o alumnado debe visualizar, como mínimo, o 90 % dos contidos e realizar todas as actividades e tarefas propostas pola titoría.

– Deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade.

d) As persoas que incumpran o previsto na alínea c):

– Perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

– As persoas que abandonen a actividade formativa sen xustificación pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación o alumnado deberá superar unha proba de avaliación, que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de maneira presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A lectura detallada dos contidos da actividade formativa. Cada actividade ten uns contidos teóricos que deben ser revisados na plataforma.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

No inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

c) Para poder superar as actividades de autoformación deberase observar o que establece o anexo II relativo ao programa de autoformación.

Oitava. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de equivalencia ou de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de equivalencia, as persoas deberán superar as probas de avaliación das correspondentes actividades do programa de autoformación. Este certificado equivale a un de aproveitamento polas horas previstas en cada actividade formativa.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da Escola.

5. A EGAP, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II
Bases

Primeira. Actividades do programa de autoformación: contidos e cuestionarios

1. As actividades do programa de autoformación son as seguintes:

Código

Denominación

UN14002

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Contidos

UN14014

Iniciación á Administración electrónica. Seguridade da información e protección de datos – Contidos

UN14016

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Contidos

UN14021

Técnicas para unha boa redacción de documentos administrativos – Contidos

UN14019

Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Contidos

UN14009

Cambio e motivación nas organizacións – Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, dado que non existe a figura do titor, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

O persoal de administración e servizos da Universidade de Santiago de Compostela que desexe participar no programa de autoformación dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas na base terceira deste mesmo anexo II.

Segunda. As actividades: acceso aos contidos

1. Todo o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela que desexe acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación pode facelo sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo http://egap.xunta.es/matricula.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de decembro de 2014.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que se queira inscribir e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do programa de autoformación elixidas. Os contidos van estar dispoñibles ata o 30 de decembro de 2014.

4. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo http://egap.xunta.es/aulavirtual.

5. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo I.

Terceira. Probas de avaliación das actividades do programa de autoformación: participación

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación o persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela que se encontra en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar.

Cuarta. Probas de avaliación: prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se convocan atéñense ao previsto na seguinte táboa:

Código

Actividade do programa de autoformación

Prazas

Horas

certificadas

Datas

UN14024

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Proba de avaliación

100

25

1.12.2014

UN14026

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección dos datos – Proba de avaliación

100

20

2.12.2014

UN14027

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Proba de avaliación

100

20

9.12.2014

UN14029

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Proba de avaliación

100

15

6.11.2014

UN14028

Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Proba de avaliación

100

25

10.12.2014

UN14025

Cambio e motivación nas organizacións – Proba de avaliación

100

15

5.11.2014

2. As probas de avaliación terán lugar nas dependencias da EGAP, Santiago de Compostela (rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas). Poderanse desenvolver de maneira descentralizada nas sedes que se determinen coa suficiente antelación á súa realización en función do número de solicitudes de participación recibidas.

3. Na páxina web http://egap.xunta.es actualizarase e ampliarase a información sobre as actividades do programa de autoformación, incluído o horario de realización das probas de avaliación.

Quinta. As probas de avaliación: solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación comeza ás 8.00 horas do 29 de setembro de 2014 e remata ás 14.00 horas do 8 de outubro de 2014.

2. As solicitudes só poden realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula. Entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Pode solicitarse a inscrición nun máximo de tres probas de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Sexta. As probas de avaliación: desenvolvemento

1. As probas de avaliación das actividades do programa de autoformación teñen o seguinte formato:

Actividade do programa de autoformación: horas

Proba de avaliación

Preguntas tipo test: número

Tempo dispoñible: minutos

Tentativas

Respostas incorrectas: desconto

Superación: porcentaxe de respostas correctas

30

40

60

Unha

Non

70 %

25

20

30

45

15

Para superaren as probas de avaliación os alumnos deberán responder de forma correcta a un 70 % das preguntas da proba. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Levarase a cabo un único chamamento por orde alfabética.

3. As persoas participantes deben presentarse provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

4. Para poder facer a proba de avaliación cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

5. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

6. As persoas que se inscriban e non se presenten ás probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

ANEXO III

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/modalidade

Data comezo

Data remate

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administración públicas

UN14012

Estatuto básico do empregado público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

1.10.2014

30.10.2014

Teleformación

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN14001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50

18

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

13.10.2014

30.10.2014

Teleformación

UN14003

A creatividade, unha gratificante ferramenta de xestión

12

12

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas.

Santiago de Compostela

2.10.2014

9.10.2014

16.30 a 20.30

UN14011

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

27.10.2014

5.11.2014

16.30 a 19.30

UN14013

Información e atención ao cidadán

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

1.10.2014

30.10.2014

Teleformación

UN14020

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

1.10.2014

30.10.2014

Teleformación

UN14022

Uso de ferramentas informáticas para a xestión do tempo

20

12

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

6.10.2014

9.10.2014

16.30 a 19.30

UN14023

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

25

24

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

30.9.2014

3.11.2014

16.30 a 20.30

Habilidades predirectivas

UN14017

Perfeccionamento de xefatura de negociado

50

80

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

6.10.2014

15.12.2014

Teleformación

UN14018

Perfeccionamento de xefatura de sección

50

120

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

23.9.2014

15.12.2014

Teleformación

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN14004

A Administración electrónica

25

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

3.11.2014

13.11.2014

16.45 a 19.45

UN14005

A protección de datos de carácter persoal. Nivel medio

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

6.10.2014

30.10.2014

Teleformación

UN14006

A sinatura electrónica: aspectos xurídico-procedementais

30

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

7.10.2014

15.10.2014

16.30 a 20.00

UN14007

A protección de datos de carácter persoal. Nivel avanzado

50

40

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

1.10.2014

10.11.2014

Teleformación

UN14008

Administración e internet. Web. Sede. Interoperabilidade. Sistemas de notificación electrónicos

20

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

10.11.2014

18.11.2014

16.45 a 19.45

UN14010

Certificado dixital

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Teleformación

6.10.2014

30.10.2014

Teleformación

UN14015

Interpretación de datos estatísticos

20

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Santiago de Compostela

27.10.2014

5.11.2014

16.30 a 19.30

Programa de autoformación

UN14002

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Contidos

Sen límite

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14009

Cambio e motivación nas organizacións – Contidos

Sen límite

15

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14014

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos – Contidos

Sen límite

20

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14016

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Contidos

Sen límite

20

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14019

Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Contidos

Sen límite

25

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14021

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Contidos

Sen límite

15

Equivalencia

Persoal de administración e servizos das universidades galegas

Autoformación

3.9.2014

30.12.2014

Autoformación

UN14024

Calidade na Administración pública. Procesos e procedementos – Proba de avaliación

100

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

1.12.2014

1.12.2014

Autoformación

UN14025

Cambio e motivación nas organizacións – Proba de avaliación

100

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

5.11.2014

5.11.2014

Autoformación

UN14026

Iniciación á Administración electrónica. Seguranza da información e protección de datos – Proba de avaliación

100

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

2.12.2014

2.12.2014

Autoformación

UN14027

Os contratos administrativos. Preparación e adxudicación – Proba de avaliación

100

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

9.12.2014

9.12.2014

Autoformación

UN14028

Responsabilidade patrimonial da Administración pública – Proba de avaliación

100

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

10.12.2014

10.12.2014

Autoformación

UN14029

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos – Proba de avaliación

100

15

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos (PAS) da Universidade de Santiago de Compostela

Autoformación

6.11.2014

6.11.2014

Autoformación