Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37081

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación deses cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

3. Data:

Os días 15, 17, 22, 24 e 29 de outubro de 2014.

4. Lugar de realización:

Academia de Formación Newton. Rúa Maciñeira, nº 32, baixo, pol. ind. Sete Pontes. 27800 Vilalba (Lugo).

5. Número de prazas:

30 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo anexo.

9. Programa:

Día 15.10.2014

8.30-12.45 h.

Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación.

Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación.

Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas.

Día 17.10.2014

8.30-12.45 h.

Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de biocidas.

Exercicios prácticos: fichas de datos de seguridade.

Día 22.10.2014

8.30-10.45 h.

Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación.

Uso adecuado dos medios de protección persoal.

Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións.

10.45-12.45 h.

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas.

Día 24.10.2014

8.30-12.45 h.

Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases.

Residuos de biocidas e contaminación.

Medidas preventivas da contaminación do ambiente.

Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características.

Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas.

Día 29.10.2014

8.30-12.45 h.

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

Pragas de interese en saúde pública.

Pragas de roedores, pragas de aves, métodos de loita.

Test de avaliación.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Unha vez finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2014

P.D. (Acordo 21.7.2014)
Ángel Gómez Amorín
Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas
Nivel básico

Entidade organizadora: Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U.

Datas: os días 15, 17, 22, 24 e 29 de outubro de 2014.

Lugar de celebración do curso: Academia de Formación Newton. Rúa Maciñeira, nº 32, baixo, pol. ind. Sete Pontes. 27800 Vilalba (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: 8.30-12.45 horas.

Nº de prazas: 30 alumnos.

Presentación de solicitudes: enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, unha fotografía tamaño carné e o xustificante de pagamento a Biocontrol y Calidad Alimentaria, S.L.U., avenida Primo de Rivera nº 4, 2º, local 6-7, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 24 54 18, fax: 981 16 81 59, correo electrónico: comercial@biocontrolbcl.com

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Empresa:

CIF:

Enderezo:

Localidade:

Teléfono: Fax:

Correo electrónico:

Apelidos:

Nome:

NIF: