Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.
De conformidade co previsto no artigo 38.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da presente cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente ante esta xefatura territorial.
Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla nº 70 baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Lugo, 13 de agosto de 2014
P.A. (Artigo 39.2.1.e) Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
Nº de expediente: TR341D 2010/1209-2.
Nome: Antonio López Armenteros.
DNI/NIF: 34282497P.
Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo ou por conta propia.
Último enderezo coñecido: r/ Miguel de Cervantes 16-entresollado B, 27003 Lugo.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamente a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17, alínea a) da orde de convocatoria.
Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda.
