Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 13 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se notifica o requirimento de documentación da axuda socioeconómica da prima non renovable a Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Benancio Urbano Cancapa Lupaca o requirimiento da seguinte documentación en relación coa axuda socioeconómica da prima non renovable ao abeiro da Orde do 6 de maio de 2010 (DOG nº 94, do 20 de maio): copia compulsada de todas as follas da libreta de inscrición marítima que comprendan os enrolamentos desde o día 9.2.2011 ata o día 9.2.2012.

A documentación presentarase no Rexistro Único e de Información do Complexo Administrativo de San Caetano ou no rexistro de calquera dos departamentos territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en orixinal ou copia compulsada, no prazo de 10 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación. A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación efectuadas polo órgano concedente constitúen una causa de reintegro das cantidades percibidas e a exixencia dos xuros de mora correspondentes, de acordo co artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O expediente, que se relaciona a continuación está á disposición do interesado na Secretaría Xeral do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela:

Número de expediente: PE113D 2010/42-0.

Nome: Benancio Urbano Cancapa Lupaca.

NIF: X8032588E.

Embarcación: Pilar Roca.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2014

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar