Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 4 de setembro de 2014 Páx. 37133

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do solo urbano non consolidado número 2 en
Viñas (Poio).

Aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do solo urbano non consolidado número 2 en Viñas-San Salvador, deste termo municipal.

O Pleno deste concello, na sesión do día 29 de xullo de 2014, adoptou o acordo número 3994, no cal, entre outros, se acordou o que segue:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Poio, no solo urbano non consolidado nº 2, no lugar de Viñas, parroquia de San Salvador de Poio, promovido polo Concello de Poio, para os efectos de proseguir cos trámites marcados polo artigo 85 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Polo que se somete a información pública a aprobación inicial desta modificación puntual durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Poderá examinarse o expediente na Oficina de Urbanismo do concello e presentarse as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas durante o dito prazo, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Poio, 11 de agosto de 2014

Luciano Sobral Fernández
Alcalde