Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número do expediente: 2014-SUXU 02-CH.
d) Enderezo da Internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20777
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato administrativo de subministración.
b) Descrición: subministración sucesiva e por prezos unitarios de material de oficina non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) CPV: 30197000-6. Material de oficina de pequena envergadura e outros máis indicados na epígrafe A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.
e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).
f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 125, do 3 de xullo de 2014.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 165.289,30 €.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 165.289,30 €. Importe total: 200.000,00 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 8 de agosto de 2014.
b) Data de formalización do contrato: 14 de agosto de 2014.
c) Contratista: Office Depot, S.L.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 165.289,30 €. Importe total: 200.000,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2014
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza