Obxecto: licitación pública para a venda do aceiro procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (NC0016/2014).
Data límite para a presentación das ofertas: 22 de setembro de 2014, ás 13.00 horas.
Data de apertura do sobre B: 1 de outubro de 2014, ás 11.00 horas.
O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:
En www.sogama.es, na epígrafe do perfil do contratante.
Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.
A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña), telf.: 981 69 85 00.
O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.
Cerceda, 4 de setembro de 2014
Luís Lamas Novo
Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.