Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 12 de setembro de 2014 Páx. 38648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (583/2012).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 583/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Pérez Suárez contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto:

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014.

Antecedentes de feito.

Único. No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva di o seguinte:

Que estimo integramente as demandas interpostas por José Pérez Suárez fronte a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial Garciá Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., María del Carmen Guillín Rey e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida a relación laboral existente entre José Pérez Suárez e os demandados no día de hoxe (8.7.2014) e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 10.9.2012, e condeno a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 26.396,10 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 5.701,58 euros polos conceptos de paga extra de decembro de 2012, salarios de maio e xuño de 2012, liquidación de vacacións, atrasos e parte proporcional da paga extra de xullo 2012 e paga extra de nadal de 2012, e condeno a Moure Pan, S.L. a aboarlle a dita cantidade incrementada co 10 % de xuros de mora ex artigo 29.3 da LRXS.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 214 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil (LAC), sobre invariabilidade das resolucións, que:

1. Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que posúan.

2. As aclaracións a que se refire o número anterior poderanse facer de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo; neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Segundo. De igual forma e en relación coa emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos, o artigo 215 do mesmo corpo legal establece que:

1. As omisións ou defectos que puideren posuír sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as ditas resolucións poderán ser emendados, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecido no artigo anterior.

2. Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo que resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

3. Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o número anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tivese acordado.

4. Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores números deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computarse desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Terceiro. Efectivamente, tal e como sostén a parte solicitante de aclaración, e a pesar do establecido na fundamentación xurídica da propia sentenza, na decisión da sentenza non se transcribe a condena ao aboamento de salarios de tramitación, erro que debe ser emendado nos termos interesados, por canto, acreditada a causa de resolución e estimada esta en sentenza, con independencia da estimación de improcedencia do despedimento, procede a condena aos salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza que estima a demanda principal.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e especial aplicación

Parte dispositiva.

Que rectifico o erro de transcrición que contén a decisión da sentenza, o cal debe quedar redactado do seguinte xeito:

Que estimo integramente as demandas interpostas por José Pérez Suárez fronte a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., María del Carmen Guillín Rey e o Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida a relación laboral existente entre José Pérez Suárez e os demandados no día de hoxe (8.7.2014) e declaro improcedente o despedimento do demandante levado a cabo con efectos do 10.9.2012, e condeno a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade de 26.396,10 euros en concepto de indemnización, así como a aboarlle ao demandante a cantidade de 32.554,08 euros en concepto de salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento ata a data da sentenza (666 días), calculados a razón de 48,88 euros diarios.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 5.701,58 euros polos conceptos de paga extra de decembro de 2012, salarios de maio e xuño de 2012, liquidación de vacacións, atrasos e parte proporcional da paga extra de xullo 2012 e paga extra de nadal 2012, e condeno a Moure Pan, S.L. a aboarlle a dita cantidade incrementada co 10 % de xuros de mora ex artigo 29.3 da LRXS.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nela establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela. Dou fe.

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey; María Abel Tarrío Fernández e Marcial García, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2014

A secretaria xudicial