Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2014 sobre notificación de rectificación de acordo de inicio de procedemento de reintegro a José Manuel Jacob Díaz.

Mediante o presente anuncio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, logo de ser intentada sen éxito a notificación a José Manuel Jacob Díaz (NIF 33311831B) nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 27 de xuño de 2014 se ditou unha rectificación do acordo de incio do procedemento de reintegro da subvención indebidamente percibida no expediente 264/27/09/140504 pola cantidade de 2.736,00 €.

De encontrar conforme a liquidación que se lle formula, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira NovaGalicia Banco núm. ES19 2080 0388 28 31 1000 1396, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

De estimar que a presente reclamación non é conforme, pode vostede manifestar cantas aclaracións ou alegacións considere convenientes, no mesmo prazo indicado, a cuxa vista se resolverá; advertíndolle que, ao ter a consideración as cantidades percibidas indebidamente de ingresos de dereito público, no caso de que a resolución sexa desestimatoria e esgotado o dito prazo sen que se efectuase o pagamento da débeda, procederase ao inicio do procedemento de recadación na vía de constrinximento ante a Axencia Tributaria, de acordo coa normativa vixente.

O expediente encóntrase, en todo caso, á disposición do/a interesado/a no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria