Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42003

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Os días 4, 5 e 6 de outubro de 2014.

4. Lugar de celebración:

Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A.

Castro Riberas de Lea, s/n.

27260 Castro de Rei (Lugo).

5. Número de prazas:

25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 4.10.2014

15.00-16.00 h

Introdución. Lexislación.

16.00-18.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

18.00-20.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

20.00-22.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 5.10.2014

15.00-16.20 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

16.20-17.40 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

17.40-19.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

19.00-20.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

20.30-22.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Día 6.10.2014

7.00-9.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

9.00-11.00 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

11.00-12.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

12.00-13.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición.
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: os días 4, 5 e 6 de outubro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Sada P.A. Castilla-Galicia, S.A.

Castro Riberas de Lea, s/n.

27260 Castro de Rei (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: os días 4 e 5 de outubro das 15.00 ás 22.00 h e o día 6 de outubro das 7.00 ás 14.00 h.

Nº de prazas: 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 26 de setembro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avenida da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: