Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2014/102-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Número de expediente: IN407A 2014/102-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC e RBT O Vento.

Situación: concello de Narón.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT O Vento, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,800 km, con orixe en empalmes proxectados que se van realizar na LMTS SMR-711, no tramo entre o CS Vilacornelle (expediente 545/07) e o CS centro social O Val (expediente 38/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1 x 240 Al), e final no CT O Vento (proxectado).

Centro de transformación prefabricado O Vento, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Saída rede de baixa tensión subterránea de CT O Vento, cunha lonxitude de 0,134 km, con orixe no CT O Vento (proxectado), condutor tipo XZ1.

Liña de baixa tensión aérea de CT O Vento, cunha lonxitude de 1,330 km, con orixe no apoio existente nº 1, condutor tipo RZ, e apoios de formigón.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puido realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 1 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2014/102-1.

Proxecto: LMTS, CTC e RBT O Vento (Narón).

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio nº

Lugar

Cultivo

Nome propietario

Enderezo

Apoio

Afeccións

1

Chouso

Labradío

Antonio Rey Grandal

Avda. do Mar, 17, 8º D, 15406 Ferrol

CTC+acceso+apoio BT+2 PAS: 27.0 m2

ml aéreo: 30.0

m2 aéreo: 30.0