Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42275

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Cooperativa de Vilaboa de Consumidores y Usuarios, Sociedad Cooperativa Gallega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección xeral resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Cooperativa de Vilaboa de Consumidores y Usuarios, Sociedad Cooperativa Gallega, acordada na asemblea xeral do 22 de xuño de 2014, no Rexistro Central de Cooperativas. Consta como novo capital social mínimo 3.600,00 €.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social