Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2014, da Secretaria Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, mediante o criterio de prezo, das obras de renovación da homologación das pistas de atletismo nas instalacións adscritas a esta secretaría (2 lotes).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: obras de renovación da homologación das pistas de atletismo nas instalacións adscritas a Secretaría Xeral para o Deporte (2 lotes).

Lote 1: renovación da homologación da pista de atletismo do estadio Josefina Salgado no Complexo Deportivo de Monterrei, O Pereiro de Aguiar (Ourense) (CD Monterrei).

Lote 2: renovación da homologación da pista de atletismo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, sito en Pontevedra (CGTD).

c) Prazo de execución:

Lote 1: 3 semanas de acordo coas condicións establecidas no proxecto.

Lote 2: 3 semanas de acordo coas condicións establecidas no proxecto.

d) Admisión de prórrogas: non.

e) CPA: 42.99.12 obras deportivas e recreativas.

f) CPV: 45236119-7 traballos de reparación de campos de deportes.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada e criterio prezo.

Valor estimado: 99.167,96 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 99.167,96 €. IVE (21%): 20.825,27 €. Importe total: 119.993,23 €, conforme a seguinte distribución por lotes:

Lote 1: CD Monterrei: 49.999,72 € IVE incluído.

Lote 2: CGTD: 69.993,51 € IVE incluído.

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: polo lote ou lotes aos que se presenta, do 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

Lote 1: 2.066,10 €.

Lote 2: 2.892,29 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 26 25 e 981 54 26 06. Fax: 981 54 26 39.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

(www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20729)

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación coincide en día inhábil ou sábado o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n, porta 4, 15781 Santiago de Compostela), fax: 981 54 26 39. Tamén se poderá presentar por correo certificado conforme as especificacións establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, Estadio Multiusos San Lázaro, s/n, porta 4.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na Plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado de apertura, para que se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se é o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte