Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de citación (732/2014).

Por medio do presente edicto e en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo núm. 732/2014, que se tramitan por instancia de Javier Pérez Prado contra Partes y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L., sobre despedimento, cítase a empresa Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, en ignorado paradoiro, para que o día 21.11.2014, ás 11.15 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1, 4ª planta, sala 9, da cidade de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo. Prevense de que ao acto para o cal é citado deberá concorrer con todos os medios de proba de que se intente valer e de que a falta de asistencia non suspenderá a súa celebración, e recaerá sobre el o prexuízo que proceda en dereito, co apercibimento que recolle o artigo 59 da Lei de procedemento laboral, para os efectos de facer posteriores comunicacións.

E para que sirva de citación á empresa Parques y Mobiliario Urbano de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 4 de setembro de 2014

O secretario xudicial