A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 18 de xullo de 2014, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal, encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2014: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia durante quince días hábiles.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014
P.S. (Artigo 8.3 da Lei 6/1985)
Xesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia