Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 8 de setembro de 2014 polo que se fai pública a rescisión do convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Oia e esta axencia.

O día 24 de febreiro de 2009 publicouse no Diario Oficial de Galicia (número 38) o convenio de adhesión do Concello de Oia á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Mediante o acordo plenario do 24 de abril de 2014, o Concello acordou rescindir o convenio de adhesión e deu conta á Axencia da súa vontade.

Na sesión do Consello Executivo da Axencia do 24 de xullo de 2014 deuse conta do acordo municipal de rescisión.

De conformidade co establecido no artigo 12.1 a) e 2 dos estatutos da Axencia aprobados polo Decreto 213/2007, do 31 de outubro, dáse por rescindido o convenio de adhesión subscrito entre o Concello de Oia e a Axencia e disponse a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística