Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 1 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0112/2014-V.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 1 de setembro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado por

ANP-PO-0112/2014-V

Fermín Álvarez Armesto

Incoación

Xefe territorial