Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42684

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Datas.

Do 20 ao 24 de outubro de 2014.

4. Lugar de celebración.

Puleva Food, S.L. planta de Lugo

Estrada Nacional VI, km 505

27160 Nadela (Lugo)

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 20.10.2014

16.00-16.30 horas

Introdución.

16.30-17.00 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

17.00-18.30 horas

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

18.30-20.15 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

Día 21.10.2014

16.00-17.00 horas

Lexislación.

17.00-19.30 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

19.30-20.15 horas

Métodos de loita antivectorial.

Día 22.10.2014

16.00-18.00 horas

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

18.00-20.15 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

Día 23.10.2014

16.00-18.00 horas

Métodos de loita antivectorial.

18.00-20.15 horas

Técnicas de aplicación de praguicidas.

Día 24.10.2014

16.00-17.00 horas

Preparación de disolucións de produtos.

17.00-18.00 horas

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

18.00-19.00 horas

Resolución de exercicios prácticos.

19.00-20.00 horas

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2014

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas.

Nivel básico.

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 20 ao 24 de outubro de 2014.

Lugar de celebración do curso:

Puleva Food, S.L., planta de Lugo

Estrada nacional VI, km 505

27160 Nadela (Lugo)

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 16.00 ás 20.15 horas, agás o día 24 de outubro que será das 16.00 ás 20.00 horas.

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 13 de outubro de 2014, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L, avenida da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Teléfono: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@sanea.org

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

Nome:

Apelidos:

Cargo/actividade desempeñada:

Empresa:

Sector actividade:

Enderezo:

CP:

Localidade:

Provincia:

Teléfono:

Fax:

Correo electrónico: