Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42739

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de setembro de 2014 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Unha vez presentada a renuncia da vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG número 140, do 24 de xullo) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a María Esmeralda Mouriz Fernández, persoal funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda