Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 5 de setembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería (IN.C99.10.000.15001.250).

Convocada pola Orde do 16 de xuño de 2014 (DOG nº 132, do 14 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, esta consellería, en uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 17.4º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e de conformidade co disposto no seu artigo 29.2º,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía e Industria, anunciado pola Orde do 16 de xuño de 2014 (DOG nº 132, do 14 de xullo).

Segundo. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/á funcionario/a que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo a praza efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia, ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e a seguir realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2014

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Juan José Iglesias Suárez.

NRP: 0935224946A2065.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: xefatura do Servizo de Enerxía e Minas.

Código do posto: IN.C99.10.000.15001.250.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial.

Localidade: A Coruña.