Como consecuencia da modificación por adición do prego de cláusulas administrativas particulares correspondente á contratación documentalmente simplificada en cinco lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación urxente, da realización de cinco rutas de transporte escolar ao CEIP Plurilingüe O Mosteirón e ao IES O Mosteirón (Sada) durante o curso 2014/15 (DOG núm. 180, do 22.9.2014)
1. Faise público o contido da modificación no perfil do contratante (enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21181).
2. Amplíase o prazo para a presentación de ofertas en oito días naturais desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2014
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria