Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a acta de advertencia do expediente PSC-CO-0470/2014-COP.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a acta de advertencia do expediente PSC-CO-0470/2014-COP.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita acta e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A Coruña, 10 de setembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0470/2014-COP.

Persoa interesada: José Braulio Fernández Suárez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: O Restollal, 50, Santiago de Compostela.