Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42677

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto de 2014

Importe €

Data sinatura

Acordo de Coordinación entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), para o cofinanciamento do proxecto Mellora da transformación e comercialización de produtos pesqueiros realizados por mulleres de comunidades dedicadas á pesca e acuicultura en Nicaragua.

125.000 €

12.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de Protección Civil.

5.500 €

14.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

46.500 €

22.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

46.500 €

22.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Culleredo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

46.000 €

22.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

46.500 €

22.5.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos.

25.000 €

13.6.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de accións de proxección e visibilización do labor da muller na Costa da Morte a través dunha unidade coordinadora da proxección da muller no rural: Casa da muller e da igualdade.

11.000 €

13.6.2014

Convenio de Colaboración e Coordinación entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia en materia de seguridade nos edificios da administración de Xustiza en Galicia.

1.716.890,39 €

16.6.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consorcio Conca do Lérez para a mellora de hábitat para fomentar a biodiversidade de especies animais no ámbito territorial do Consorcio Local Conca do Lérez.

45.000 €

16.6.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (Sogaps) para a realización do proxecto Prestación de axuda sanitaria e material sanitario e construción e dotación dunha casa para os médicos na Wilaya de Bojador.

100.000 €

16.6.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de conformación dunha rede Galega de Cooperación Universitaria para o desenvolvemento.

99.000 €

16.6.2014

Convenio entre a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao programa de formación continuada de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal.

25.000 €

25.6.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ourense para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello.

46.500 €

26.6.2014

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos integrantes da carreira xudicial para o ano 2014.

25.000 €

1.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto Plan de sensibilización 2014: os obxectivos do Milenio: fin e principio.

40.000 €

2.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Faraxa pola abolición da prostitución para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

35.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Ecos do Sur, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

44.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Hermanas Oblatas de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

52.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Adoratrices de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

56.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Médicos del Mundo, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

53.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cruz Vermella Española, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

26.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

77.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

56.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

25.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

22.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Aliad Ultreia, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia.

26.000 €

7.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as Organizacións non Gobernamentais, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Mundo Cooperante Galicia, para a execución do proxecto Cooperación Galega: O mundo que queremos.

50.000 €

9.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico.

17.000 €

10.7.2014

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia, para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza.

0 €

15.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

18.000 €

16.7.2014

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Compañía de Radio Televisión de Galicia.

0 €

16.7.2014

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, O Colexio de Avogados de Pontevedra e mais a Universidade de Vigo para a implantación experimental dun programa de mediación familiar intraxudicial para o ano 2014 en Pontevedra.

30.000 €

18.7.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Organización non Gobernamental, Médicos sin Fronteras España, para a execución do proxecto Campaña de sensibilización Santiago sen fronteiras.

3.800 €

21.7.2014

Adenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi, para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia.

35.975 €

1.8.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove, para a creación e o mantemento dun grupo local de atención a emerxencias.

30.564,71 €

5.8.2014

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014

Importe €

Data sinatura

Convenio marco de colaboración en materia de xestión electoral entre a Administración Xeral do Estado (Ministerio do Interior) e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

0 €

11.2.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Provincia da Coruña en materia de Protección Civil.

5.500 €

24.4.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada en materia de Protección Civil.

9.000 €

24.4.2014

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina) Comité Español, para o proxecto Provisión de alimentos de primeira necesidade ás familias máis vulnerables afectadas polo bloqueo.

20.000 €

30.4.2014