Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras de reestruturación de oficinas na Barcia, polo procedemento aberto non harmonizado e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: obras de reestruturación de oficinas na Barcia, polo procedemento aberto non harmonizado e documentalmente simplificado.

Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 489.601,31 €.

IVE (21 %): 102.816,28 €.

Importe total: 592.417,59 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21134

Información de índole técnica; teléfono 981 54 74 05.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista.

Exíxese clasificación no grupo C, subgrupos 2, 4, 5 e 6, categoría C.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo cadra domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro da Axencia Turismo de Galicia, praza de Mazarelos, 15, 15703 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobre B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo DOG por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia