Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA de 12 de setembro de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/139/2014-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 19 de agosto de 2014, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/139/2014-RP1 polas obras realizadas en solo rústico, sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na instalación, sobre apoios de formigón, dunha construción prefabricada de planta baixa e cuberta a catro augas, con tipoloxía de vivenda, sita no lugar do Corno, Covelas, no termo municipal de Ribadeo, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Carlos Carballo Gayoso, en calidade de promotor das ditas obras, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar as alegacións, documentos ou informacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística