Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42731

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2014 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

Mediante Resolución do 18 de xullo de 2014 publicáronse as bases reguladoras das axudas ás empresas do sector téxtil-moda-confección para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización en desenvolvemento do Plan estratéxico do téxtil, Visión 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 142, do 29 de xullo de 2014) e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva.

Por parte do órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 9 das ditas bases reguladoras, están analizándose as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 8.6 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na Oficina Virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 8.6 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, darase por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Expediente

Titular do expediente

DNI/CIF

IG194.2014.1.1

Confecciones Esquio, S.A.

A15093263

IG194.2014.1.2

Olga Santoni, S.L.

B36621969

IG194.2014.1.3

Marga Novas, S.L. Unipersonal

B36809812

IG194.2014.1.4

Creaciones Dona, S.L.

B36011468

IG194.2014.1.5

Pili Carrera, S.A.

A36016574

IG194.2014.1.6

Mouriño, S.A.

A15231350

IG194.2014.1.7

Bravotex Iberica, S.L.

B36905529

IG194.2014.1.8

Roberto Verino Difusión, S.A.

A32005746

IG194.2014.1.9

Makari, S.A.

A36639813

IG194.2014.1.10

Etiem Textil, S.L.

B15937121

IG194.2014.1.11

Confecciones Hortensia, S.L.

B15068026

IG194.2014.1.12

Florentino Coleccion, S.L.

B36057933

IG194.2014.1.13

Confecciones M.R.F., S.A.

A15044852

IG194.2014.1.14

Vicaro Confección, S.L.U.

B70070941

IG194.2014.1.15

Patricia Avendaño, S.A.

A36869683

IG194.2014.1.16

Creaciones Foque, S.L.

B36621548

IG194.2014.1.17

Mónica Cordera, S.L.

B32426157

IG194.2014.1.18

Textilmendo, S.L.

B15676034

IG194.2014.1.19

Creaciones Paz Rodríguez, S.L.

B27766708

IG194.2014.1.20

Eduardo Guillén, S.L.

B15844806

IG194.2014.1.21

Erasmora Galerie, S.L.

B70374046

IG194.2014.1.22

Carmen Melero Costume, S.L.

B15133093

IG194.2014.1.23

Kauli Moda Infantil, S.L.

B27751080

IG194.2014.1.24

Ramón Sanjurjo Design, S.L.

B15882061

IG194.2014.1.25

Adolfo Domínguez, S.A.

A32104226

IG194.2014.1.27

Sagres, S.L.

B36028991

IG194.2014.1.28

Rotelpa, S.A.

A36641959

IG194.2014.1.29

Naffta Sport, S.L.

B36870293

IG194.2014.1.31

Sanmar Niños, S.L.

B15908981

IG194.2014.1.32

Studio Masscob, S.L.

B15877830

IG194.2014.1.33

Dimotex, S.A.

A32011827

IG194.2014.1.34

Lola y María, S.L.

B70332291

IG194.2014.1.35

Mino Mora,S.L.

B36105708

IG194.2014.1.36

Artesanía Granlei, S.L.

B36327658

IG194.2014.1.37

Almacenes Martínez, S.L.

B27017235

IG194.2014.1.38

María Barros Group, S.L.

B70153036

IG194.2014.1.41

Poe And You, S.L.N.E.

B70273529

IG194.2014.1.42

Maslamas, S.L.

B15585144

IG194.2014.1.43

Viriato, S.A.

A15024482

IG194.2014.1.44

Aguamarina Nova, S.L.

B72200587

IG194.2014.1.45

Espiñeira Caderno, Sandra

34998192N