Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cerceda (expediente IN407A 2014/031-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A. (UDESA).

Domicilio social: rúa José Ángel Valente, 17 baixo, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: centro de seccionamento e manobra CS Mixón e interconexión con liñas Cerceda-A Silva/Mixón-A Silva/Mixón/Mixón-Vilamarta.

Situación: concello de Cerceda.

Características técnicas:

– Centro de seccionamento que se instalará no interior dunha nova caseta de obra civil, que será o punto de manobra das liñas LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488), LMT Mixón-A Silva (expediente 2003/377), LMT Mixón (expediente 2007/490) e LMT Mixón a Vilamarta (expediente 2011/142). Neste centro instalaranse catro celas de media tensión, unha para a entrada da liña Cerceda-A Silva, tres de saída para as liñas LMT Mixón-A Silva, LMT Mixón e LMT Mixón-Vilamarta e unha cela de protección con transformadores de tensión para a alimentación dos servizos auxiliares, todas elas con illamento e corte en SF6.

– Liña de media tensión soterrada en condutro de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al), coa orixe no paso aéreo a subterráneo que se vai realizar no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 da LMT Cerceda-A Silva (expediente 2007/488), e final no paso subterráneo a aéreo a realizar neste mesmo apoio, logo de realizar entrada e saída no centro de seccionamento Mixón proxectado, cunha lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) coa orixe nunha das celas de liña a instalar no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMT Mixón-A Silva (expediente 2006/377), cunha lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al), coa orixe nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMT Mixón (expediente 2007/490), cunha lonxitude de 46 m.

– Liña de media tensión soterrada en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240 Al), coa orixe nunha das celas de liña que se instalará no centro de seccionamento Mixón proxectado, e final no paso subterráneo a aéreo que se realizará no apoio existente s/n de tipo C-16/2000 con conexión coa liña LMTA Mixón-Vilamarta (expediente-2001/142), cunha lonxitude de 46 m.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro),sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña