Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42828

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG nº 116, do 17 de xuño) crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e patrimonio propio e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar; o seu regulamento foi aprobado polo Decreto 41/2005, do 17 de febreiro (DOG nº 49, do 11 de marzo).

Os artigos 7 da Lei 3/2004, do 7 de xuño, e 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, regulan a composición do Consello de Administración do Instituto, establecendo que o vogal representante do persoal do Intecmar, será nomeado polo Consello de Administración deste por proposta do órgano ou órganos que representan o persoal do Intecmar.

En consecuencia,

DISPOÑO:

O cesamento de José Luis Pérez Bello como vogal do Consello de Administración do Intecmar en representación do persoal do Instituto.

Vilaxoán, 17 de setembro de 2014

Rosa Mª Quintana Carballo
Presidenta do Consello de Administración